OFERTAS E DEMANDAS 1

lunes, 22 de noviembre de 2010

ESTAS SON TODAS AS OFERTAS E DEMANDAS DAS QUE DISPOÑEMOS NO NOSO BANCO DE TEMPO DE VIGO


Collede estas follas coma se fosen unha guía de teléfonos, buscade o que precisades e consultade o anuncio ben en internet, na aplicación do BdT, ou ben persoalmente, no Centro Cívico máis próximo.

OFERTAS E DEMANDAS 2




OFERTAS E DEMANDAS 3



OFERTAS E DEMANDAS 4



Obradoiro axilidade mental

jueves, 18 de noviembre de 2010




Mantén a túa mente activa a través de exercicios, pasatempos,etc.
OBRADOIRO DE AXILIDADE MENTAL, anótate xa!
SUSPENDEMOS AS REUNIÓNS DE AXILIDADE MENTAL POR NADAL, VOLTAMOS DESPOIS DE REIS!
BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2011

jueves, 14 de octubre de 2010

VTELEVISIÓN: emisión sobre el banco do tempo

jueves, 15 de julio de 2010

Hoxe día 15 de xullo na VTelevisión, emítese as 21:35 horas unha nova entrega de CÁMBIOCHO!, un programa baseado nos bancos do tempo.
Nesta edición, o programa trasládase á banco do tempo do Concello de Vigo, concretamente do Casco Vello. Graváronse dous intercambios moi interesantes.
Non dexeis de velo...
Somos nós!!!!!

PROXIMAS SAÍDAS

viernes, 2 de julio de 2010

PRÓXIMAS SAÍDAS DO BANCO DO TEMPO:

- Illa de San Simón (para Agosto)
- Fundación Laxeiro
- Vila Romana de Toralla (no Bao)
- Salinas de Rosalía de Castro
- Xacemento Castrexo do Castro
- Museo Quiñones de León
- Planetarium
- Centro de Artesanía Tradicional
- Xardín Botánico da Fundación Sales
- Verbum
- Museo do Mar
- Exposicións en Caixa Nova

No deixes de informarte no teu Banco do Tempo máis cercano!

OFERTAS Y DEMANDAS

lunes, 28 de junio de 2010

OFERTA Y DEMANDAS DEL BANCO DEL TIEMPO:
Si lo que buscas aparece en este anuncio, consulta en el centro cívico más cercano...y aprovecha para ofrecer también tus servicios... 
ACTUALIZADAS A DÍA: 24 de junio de 2010

VISITA MUSEO LISTE: 15 Y 19 DE JUNIO

¡Qué bien lo pasamos! Ha sido una visita muy interesante y agradable.
Todos los que asistimos, queremos dar las gracias por lo bien que nos trataron durante más de dos horas y el detalle que tuvieron con nosotros al final.
Ojalá se sigan haciendo actividades así...
Gracias también al personal del Centro Cívico del Casco Vello...



Ofertas

jueves, 6 de mayo de 2010

No Banco do Tempo xa podes consultar ofertas interesantes: dende clases de cerámica, cociña, calceta, idiomas, masaxes... ata arranxos, servicio de xardinería, paseos, lectura, visitas guiadas a museos, etc.
Se aínda non o fixeches pásate polo teu Centro Cívico e infórmate de todo o que podes solicitar e ofrecer. Darse de alta é gratis e non ofrece máis que posibilidades de disfrutar coa túa comunidade ao tempo que aprendes.

¡Consúltanos!

Podes informarte no 010, nos Centros Cívicos ou no propio Concello de Vigo (Concellería de Participación cidadá).

Presentación do Banco do Tempo de Vigo

jueves, 29 de abril de 2010

O día 27 de abril, Santos Héctor, Concelleiro de Participación Cidadá, realizou a presentación da actividade do Banco do Tempo do Concello de Vigo perante a prensa e a cidadanía. Diversos medios de comunicación, como O Xornal, Vigo Magazine Digital, Vigo.org ou ABC na súa versión dixital fixéronse eco desta presentación, sinalando aspectos como o carácter totalmente gratuíto da iniciativa, o fomento da interacción veciñal (e consecuente reforzo do tecido social) ou o  aproveitamento dos recursos e potencialidades da cidade.
Como Santos Héctor sinalou, a actividade do Banco do Tempo do Concello de Vigo está a ser desenvolvida polos Centros Cívicos de Saiáns, Coruxo, Teis e o Casco Vello, de xeito que cada cidadán pode utilizar o que xeográficamente máis lle conveña, un xeito este de descentralizar a actividade achegándoa aos veciños. Un programa informático está a disposición dos socios deste Banco para realizar case todas as xestións dende o seu propio domicilio, aínda que para todas aquelas persoas que o prefiran, o persoal dos Centros Cívicos será quen xestione e leve a cabo os trámites necesarios para o funcionamento da actividade. 

 

Inicio

lunes, 1 de marzo de 2010

O Banco do Tempo é un xeito de intercambiar favores e cousas entre a comunidade. Nun Banco do Tempo págase con cheques de tempo, non con cartos, de xeito que recibimos horas por favores prestados e pagamos do mesmo xeito. 

Participa coa túa comunidade, obtén aquelo que precisas, ofrece o que poden precisar os demáis. Infórmate no teu Centro Cívico, tira proveito desta iniciativa da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo. Todo o mundo ten algo que aportar á comunidade e algo que recibir dela.

Consulta o teu Centro Cívico máis próximo facenco clic aquí.