jueves, 29 de diciembre de 2011


OBRADOIRO DE MEDITACIÓN

luns 23 de xaneiro ás 20 horas

CENTRO CÍVICO CASCO VELLO

lunes, 26 de diciembre de 2011

CLUBE DE LECTURA

xoves 12 de xaneiro de 2012
de 19:00 a 20:30 horas

Co libro: "Ébano" de R. Kapuscinki

CENTRO CÍVICO CASCO VELLO




OBRADOIRO DE COACHING E DESENROLO PERSOAL
"CUMPRE OS TEUS PROPÓSITOS DE ANO NOVO"

xoves 19 de xaneiro de 2012
de 19:00 a 21:00 horas

CENTRO CÍVICO CASCO VELLO



INGLÉS DE MAÑÁ

luns 9, 16 e 23 de xaneiro de 2012
de 11:00 a 13:00 horas

CENTRO CÍVICO CASCO VELLO


TERTULIAS EN FRANCÉS

martes 10, 17, 24 e 31 de xaneiro de 2012
de 19:00 a 20:00 horas

CENTRO CÍVICO CASCO VELLO




LABORES


mércores 11, 18 e 25 de xaneiro de 2012
de 17:30 a 19:30 horas

CENTRO CÍVICO CASCO VELLO


TERTULIAS EN INGLÉS

En xaneiro seguiremos a ter cita para as parrafadas en inglés os mércores

días 11, 18, e 25 de xaneiro
de 20:30 a 21:20 horas

Centro Cívico de Casco Vello

martes, 20 de diciembre de 2011

NORMAS DO TROCO

  1. Á hora de recoller o material haberá un prazo, anterior ao día do troco, para que os membros do Banco do Tempo vaian traendo os obxetos e demais ( libros, música, dvd´s, traballos manuais, roupa, etc.). Todos os obxetos a trocar deberán recollerse dende a semana anterior ao día do troco e como data límite o día anterior ao mesmo. Soamente se fará a excepción con productos que se poidan deteriorar (tipo productos da horta) que se poderán traer o mesmo día do troco (sempre antes da hora de apertura do mesmo); igualmente, neste caso, as etiquetas asociadas aos productos deberán achegarse ao centro cívico coa mesma data límite que para o resto de artículos.

  1. Os precios en horas terán que poñerse no momento de entregar os obxetos e será cada usuario o que se encargará de darlle o valor en horas. Co obxetivo de fomentar a súa propia autonomía, o ideal é que eles mesmos traian os obxetos etiquetados co seu nome e código.

  1. Os membros do Banco do Tempo deben saber o seu código de usuario para facilitar o traballo á hora da venta dos productos.

  1. Os productos serán colocados en distintos “stands” e cando sexan vendidos poñeráselle un sinal de cor para saber que están vendidos.

  1. Ao rematar a actividade de troco cada membro do Banco do Tempo deberá retirar os seus propios obxetos, estos non poderán quedar no centro cívico gardados.

NORMATIVA DO BANCO DO TEMPO

  • O Banco do Tempo é unha actividade de intercambio de servizos entre particulares sen ánimo de lucro.
  • A unidade de intercambio dos servizos é a hora, independientemente da asistencia prestada.
  • @s usuari@s deste proxecto deberán ter en conta que han de prestar 6 horas de servizos como pouco o longo de tres meses.
  • Os diferentes servizos serán ofertados e asumidos pol@s usuari@s baixo a sua propia responsabilidade.
  • O Banco do Tempo actuará exclusivamente como mediadior/informador entre @s usuari@s.
  • O Banco do Tempo publicará unha base de datos a disposición exclusiva d@s soci@s,coas ofertas e as demandas dispoñibles. Esta información será actualizada con regular periodicidade dende os Centro Cívicos ou en Internet.
  • @usuari@ poderá xerar novas ofertas ou demandas no seu Centro Cívico ou por Internet.
  • Non se permitirá un desfase de máis de dez horas entre servizos prestados e recibidos, xa que isto poderá dificultar o peche da conta no momento que @ usuari@ o decida.
  • Os datos persoais d@s usuari@s serán confidenciais e unicamente serán utilizados polos cordinadores para informar e poñerse en contacto c@s interesad@s. Asemade, os usuarios asumirán a mesma obriga de privacidade.
  • Cada usuari@ deberá actualizar a súa conta do tempo no seu Centro Cívico ou dende Cyclos. A documentación precisa para esta operación serán os propios cheques do tempo recibidos polos servizos.
  • As baixas d@s usuarios deberán ser notificadas coa maior antelación posible ó Banco do Tempo.
  • No caso de non poder acudir ó compromiso adquirido c@s outr@s usuari@s será imprescindible comunicar este feito coa maior previsión posible á persoa afectada, e tamén ó Banco do Tempo no caso de que a primeira se atope ilocalizable.
  • @s usuari@s deberán ceder os seus dereitos de imaxe ó BDT Municipal para conformar un ficheiro gráfico co fin único e exclusivo de publicar a actividade.
  • No caso de conflito entre usuarios, o Banco do Tempo tratará de achegar unha solución que estes se deberán comprometer a acatar.
  • @s beneficiari@s do BdT deberán ser maiores de 18 dezaoito anos.
  • @s usuari@s contactarán entre si mediante os teléfonos de contacto que aparecerán na relación de ofertas e demandas facilitada polo BdT (onde solo aparecerá o nome, as demandas ou ofertas, prezo estimado en horas pola actividade e un número de teléfono).
  • Co fin de evitar malos entendidos, @s usari@s deberán acordar pormenorizadamente todos os detalles das tarefas a levar a cabo. No caso de tarefas minimamente complexas aconselláse un contacto cara a cara previo á realización da actividade.
  • Os materiais, de ser precisos, serán aportados sempre pola parte solicitante do servizo (ou ben inmediatamente liquidados por dita parte en canto a outra lle achegue a factura correspondente). Iso ha de suceder oantes posible e sempre antes da realización da actividade.
  • @ usuari@ comprómetese a deixar nivelada á súa conta antes de darse de baixa (ou polo menos a non deber horas ó BdT) salvo causa de forza maior.
  • @s usuari@s deberán escribir nos cheques en letra maiuscula e ben lexible.
  • @ usuari@ manterá no seu poder os resgardos dos cheques para acreditar os seus servizos prestados no caso de erro informático ou humano.
  • @ usuari@ unha vez reciba o listado actualizado de ofertas e demandas, debe comporbar a vixencia das emitidas por él/ela mesm@, avisando para que se retiren as obsoletas ó/á asistente no Centro Cívico.
  • @s usuari@s asemade deberán asumir o compromiso de acatar estas normas.