jueves, 13 de septiembre de 2012

NORMATIVA DO BANCO DO TEMPO

  • O Banco do Tempo é unha actividade de intercambio de servizos entre particulares sen ánimo de lucro.
  • A unidade de intercambio dos servizos é a hora, independientemente da asistencia prestada.
  • @s usuari@s deste proxecto deberán ter en conta que han de prestar 6 horas de servizos como pouco o longo de tres meses.
  • Os diferentes servizos serán ofertados e asumidos pol@s usuari@s baixo a sua propia responsabilidade.
  • O Banco do Tempo actuará exclusivamente como mediadior/informador entre @s usuari@s.
  • O Banco do Tempo publicará unha base de datos a disposición exclusiva d@s soci@s,coas ofertas e as demandas dispoñibles. Esta información será actualizada con regular periodicidade dende os Centro Cívicos ou en Internet.
  • @usuari@ poderá xerar novas ofertas ou demandas no seu Centro Cívico ou por Internet.
  • Non se permitirá un desfase de máis de dez horas entre servizos prestados e recibidos, xa que isto poderá dificultar o peche da conta no momento que @ usuari@ o decida.
  • Os datos persoais d@s usuari@s serán confidenciais e unicamente serán utilizados polos cordinadores para informar e poñerse en contacto c@s interesad@s. Asemade, os usuarios asumirán a mesma obriga de privacidade.
  • Cada usuari@ deberá actualizar a súa conta do tempo no seu Centro Cívico ou dende Cyclos. A documentación precisa para esta operación serán os propios cheques do tempo recibidos polos servizos.
  • As baixas d@s usuarios deberán ser notificadas coa maior antelación posible ó Banco do Tempo.
  • No caso de non poder acudir ó compromiso adquirido c@s outr@s usuari@s será imprescindible comunicar este feito coa maior previsión posible á persoa afectada, e tamén ó Banco do Tempo no caso de que a primeira se atope ilocalizable.
  • @s usuari@s deberán ceder os seus dereitos de imaxe ó BDT Municipal para conformar un ficheiro gráfico co fin único e exclusivo de publicar a actividade.
  • No caso de conflito entre usuarios, o Banco do Tempo tratará de achegar unha solución que estes se deberán comprometer a acatar.
  • @s beneficiari@s do BdT deberán ser maiores de 18 dezaoito anos.
  • @s usuari@s contactarán entre si mediante os teléfonos de contacto que aparecerán na relación de ofertas e demandas facilitada polo BdT (onde solo aparecerá o nome, as demandas ou ofertas, prezo estimado en horas pola actividade e un número de teléfono).
  • Co fin de evitar malos entendidos, @s usari@s deberán acordar pormenorizadamente todos os detalles das tarefas a levar a cabo. No caso de tarefas minimamente complexas aconselláse un contacto cara a cara previo á realización da actividade.
  • Os materiais, de ser precisos, serán aportados sempre pola parte solicitante do servizo (ou ben inmediatamente liquidados por dita parte en canto a outra lle achegue a factura correspondente). Iso ha de suceder oantes posible e sempre antes da realización da actividade.
  • @ usuari@ comprómetese a deixar nivelada á súa conta antes de darse de baixa (ou polo menos a non deber horas ó BdT) salvo causa de forza maior.
  • @s usuari@s deberán escribir nos cheques en letra maiuscula e ben lexible.
  • @ usuari@ manterá no seu poder os resgardos dos cheques para acreditar os seus servizos prestados no caso de erro informático ou humano.
  • @ usuari@ unha vez reciba o listado actualizado de ofertas e demandas, debe comporbar a vixencia das emitidas por él/ela mesm@, avisando para que se retiren as obsoletas ó/á asistente no Centro Cívico.
  • @s usuari@s asemade deberán asumir o compromiso de acatar estas normas.