lunes, 26 de diciembre de 2011
xoves 12 de xaneiro de 2012
de 19:00 a 20:30 horas
Co libro: "Ébano" de R. Kapuscinki
CENTRO CÍVICO CASCO VELLO
"CUMPRE OS TEUS PROPÓSITOS DE ANO NOVO"
xoves 19 de xaneiro de 2012
de 19:00 a 21:00 horas
CENTRO CÍVICO CASCO VELLO
martes 10, 17, 24 e 31 de xaneiro de 2012
de 19:00 a 20:00 horas
CENTRO CÍVICO CASCO VELLO
En xaneiro seguiremos a ter cita para as parrafadas en inglés os mércores
de 20:30 a 21:20 horas
Centro Cívico de Casco Vello
martes, 20 de diciembre de 2011
NORMAS DO TROCO
Á hora de recoller o material haberá un prazo, anterior ao día do troco, para que os membros do Banco do Tempo vaian traendo os obxetos e demais ( libros, música, dvd´s, traballos manuais, roupa, etc.). Todos os obxetos a trocar deberán recollerse dende a semana anterior ao día do troco e como data límite o día anterior ao mesmo. Soamente se fará a excepción con productos que se poidan deteriorar (tipo productos da horta) que se poderán traer o mesmo día do troco (sempre antes da hora de apertura do mesmo); igualmente, neste caso, as etiquetas asociadas aos productos deberán achegarse ao centro cívico coa mesma data límite que para o resto de artículos.
Os precios en horas terán que poñerse no momento de entregar os obxetos e será cada usuario o que se encargará de darlle o valor en horas. Co obxetivo de fomentar a súa propia autonomía, o ideal é que eles mesmos traian os obxetos etiquetados co seu nome e código.
Os membros do Banco do Tempo deben saber o seu código de usuario para facilitar o traballo á hora da venta dos productos.
Os productos serán colocados en distintos “stands” e cando sexan vendidos poñeráselle un sinal de cor para saber que están vendidos.
Ao rematar a actividade de troco cada membro do Banco do Tempo deberá retirar os seus propios obxetos, estos non poderán quedar no centro cívico gardados.
- O Banco do Tempo é unha actividade de intercambio de servizos entre particulares sen ánimo de lucro.
- A unidade de intercambio dos servizos é a hora, independientemente da asistencia prestada.
- @s usuari@s deste proxecto deberán ter en conta que han de prestar 6 horas de servizos como pouco o longo de tres meses.
- O Banco do Tempo actuará exclusivamente como mediadior/informador entre @s usuari@s.
- @usuari@ poderá xerar novas ofertas ou demandas no seu Centro Cívico ou por Internet.
- Non se permitirá un desfase de máis de dez horas entre servizos prestados e recibidos, xa que isto poderá dificultar o peche da conta no momento que @ usuari@ o decida.
- Os datos persoais d@s usuari@s serán confidenciais e unicamente serán utilizados polos cordinadores para informar e poñerse en contacto c@s interesad@s. Asemade, os usuarios asumirán a mesma obriga de privacidade.
- Cada usuari@ deberá actualizar a súa conta do tempo no seu Centro Cívico ou dende Cyclos. A documentación precisa para esta operación serán os propios cheques do tempo recibidos polos servizos.
- As baixas d@s usuarios deberán ser notificadas coa maior antelación posible ó Banco do Tempo.
- @s usuari@s deberán ceder os seus dereitos de imaxe ó BDT Municipal para conformar un ficheiro gráfico co fin único e exclusivo de publicar a actividade.
- No caso de conflito entre usuarios, o Banco do Tempo tratará de achegar unha solución que estes se deberán comprometer a acatar.
- @s beneficiari@s do BdT deberán ser maiores de 18 dezaoito anos.
- @s usuari@s contactarán entre si mediante os teléfonos de contacto que aparecerán na relación de ofertas e demandas facilitada polo BdT (onde solo aparecerá o nome, as demandas ou ofertas, prezo estimado en horas pola actividade e un número de teléfono).
- Co fin de evitar malos entendidos, @s usari@s deberán acordar pormenorizadamente todos os detalles das tarefas a levar a cabo. No caso de tarefas minimamente complexas aconselláse un contacto cara a cara previo á realización da actividade.
- Os materiais, de ser precisos, serán aportados sempre pola parte solicitante do servizo (ou ben inmediatamente liquidados por dita parte en canto a outra lle achegue a factura correspondente). Iso ha de suceder oantes posible e sempre antes da realización da actividade.
- @ usuari@ comprómetese a deixar nivelada á súa conta antes de darse de baixa (ou polo menos a non deber horas ó BdT) salvo causa de forza maior.
- @s usuari@s deberán escribir nos cheques en letra maiuscula e ben lexible.
- @ usuari@ manterá no seu poder os resgardos dos cheques para acreditar os seus servizos prestados no caso de erro informático ou humano.
- @ usuari@ unha vez reciba o listado actualizado de ofertas e demandas, debe comporbar a vixencia das emitidas por él/ela mesm@, avisando para que se retiren as obsoletas ó/á asistente no Centro Cívico.
- @s usuari@s asemade deberán asumir o compromiso de acatar estas normas.