O Banco do Tempo é unha actividade de intercambio de servizos entre particulares sen ánimo de lucro.
A unidade de intercambio dos servizos é a hora, independientemente da asistencia prestada.
@s usuari@s deste proxecto deberán ter en conta que han de prestar 6 horas de servizos como pouco o longo de tres meses.
Os diferentes servizos serán ofertados e asumidos pol@susuari@s baixo a sua propia responsabilidade.
O Banco do Tempo actuará exclusivamente como mediadior/informador entre @s usuari@s.
O Banco do Tempo publicará unha base de datos a disposición exclusiva d@ssoci@s,coas
ofertas e as demandas dispoñibles. Esta información será actualizada
con regular periodicidade dende os Centro Cívicos ou en Internet.
@usuari@ poderá xerar novas ofertas ou demandas no seu Centro Cívico ou por Internet.
Non
se permitirá un desfase de máis de dez horas entre servizos prestados e
recibidos, xa que isto poderá dificultar o peche da conta no momento
que @ usuari@ o decida.
Os
datos persoais d@s usuari@s serán confidenciais e unicamente serán
utilizados polos cordinadores para informar e poñerse en contacto c@sinteresad@s. Asemade, os usuarios asumirán a mesma obriga de privacidade.
Cada
usuari@ deberá actualizar a súa conta do tempo no seu Centro Cívico ou
dende Cyclos. A documentación precisa para esta operación serán os
propios cheques do tempo recibidos polos servizos.
As baixas d@s usuarios deberán ser notificadas coa maior antelación posible ó Banco do Tempo.
No caso de non poder acudir ó compromiso adquirido c@soutr@susuari@s
será imprescindible comunicar este feito coa maior previsión posible á
persoa afectada, e tamén ó Banco do Tempo no caso de que a primeira
se atope ilocalizable.
@s usuari@s
deberán ceder os seus dereitos de imaxe ó BDT Municipal para
conformar un ficheiro gráfico co fin único e exclusivo de publicar a
actividade.
No
caso de conflito entre usuarios, o Banco do Tempo tratará de achegar
unha solución que estes se deberán comprometer a acatar.
@s beneficiari@s do BdT deberán ser maiores de 18 dezaoito anos.
@s usuari@s
contactarán entre si mediante os teléfonos de contacto que aparecerán
na relación de ofertas e demandas facilitada polo BdT (onde solo
aparecerá o nome, as demandas ou ofertas, prezo estimado en horas pola
actividade e un número de teléfono).
Co fin de evitar malos entendidos, @s usari@s
deberán acordar pormenorizadamente todos os detalles das tarefas a
levar a cabo. No caso de tarefas minimamente complexas aconselláse un
contacto cara a cara previo á realización da actividade.
Os
materiais, de ser precisos, serán aportados sempre pola parte
solicitante do servizo (ou ben inmediatamente liquidados por dita parte
en canto a outra lle achegue a factura correspondente). Iso ha de
suceder oantes posible e sempre antes da realización da actividade.
@
usuari@ comprómetese a deixar nivelada á súa conta antes de darse de
baixa (ou polo menos a non deber horas ó BdT) salvo causa de forza
maior.
@s usuari@s deberán escribir nos cheques en letra maiuscula e ben lexible.
@
usuari@ manterá no seu poder os resgardos dos cheques para acreditar
os seus servizos prestados no caso de erro informático ou humano.
@
usuari@ unha vez reciba o listado actualizado de ofertas e demandas,
debe comporbar a vixencia das emitidas por él/ela mesm@, avisando para
que se retiren as obsoletas ó/á asistente no Centro Cívico.
@s usuari@s asemade deberán asumir o compromiso de acatar estas normas.